consorcio audiovisual    
de galicia
inicio
actualidade
actividades
formación
axudas
publicacións
lexislación
Galicia Film Commission
localizacións
catálogo de produccións
carteleira de cine
links
mapa do web
Semprecinema Producións

actividades


[21/12/2009] DÚAS CURTAS DO CATÁLOGO ‘CURTAS 09’, DO CONSORCIO AUDIOVISUAL DE GALICIA, FINALISTAS NOS XXIV PREMIOS GOYA

As curtas ‘X Nada’ de Toni Veiga e Dani de la Torre e ‘The werepig’ de Sam Ortí, recollidas no catálogo CURTAS 09 están entre as 10 finalistas á mellor curtametraxe de ficción e de animación respectivamente, nos XXIV Premios Goya da Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas de España

Galicia contará coa participación de tres curtametraxes na XXIV edición dos Premios Goya, que se concederán no mes de febreiro próximo. Así, entre os seus finalistas atópanse a curtametraxe de ficción “X Nada”, ademais das de animación The werepig e O soldadiño de chumbo.

Non será a primeira vez que unha curta do programa de promoción internacional de curtametraxes galegas do Consorcio Audiovisual de Galicia é finalista nos Premios Goya. Xa no 2005, Juan Pablo Etcheverry con Minotauromaquia. Pablo no labirinto do catálogo Curtas 04 tamén fora finalista aos Premios Goya dese ano.

Non será a primeira vez que unha curta do programa de promoción internacional de curtametraxes galegas do Consorcio Audiovisual de Galicia é finalista nos Premios Goya. Xa no 2005, Juan Pablo Etcheverry con Minotauromaquia. Pablo no labirinto do catálogo Curtas 04 tamén fora finalista aos Premios Goya dese ano.

Pola súa banda, The werepig preséntanos a dous adolescentes norteamericanos nunha “viaxe especial” pola xeografía e tradición galegas. Esta curta, leva xa recollidos máis de vinte e cinco premios e foi seleccionada en máis dunha trintena de festivais nacionais e internacionais.

E para completar a terna de finalistas, O soldadiño de chumbo, unha curta de animación en plastilina de Virginia Curiá e Tomás Conde baseada no conto infantil de H.C. Andersen e que recrea a loita dun soldadiño de chumbo pola súa amada a mediados do século XIX.

Curtas 09

Ao formar parte do catálogo Curtas 09, as curtametraxes X Nada e The werepig participaron, entre outros eventos, o pasado mes de agosto na mostra de cine español que se organizou na capital de Canadá (Ottawa), en colaboración coa Embaixada de España neste país e que tivo unha importante afluencia de público. Así mesmo, no mes de outubro, formaron parte das proxeccións que se organizaron no Alter-native International Film Festival de Romanía e en Lleida no programa Cafè Curt do espazo Cafè del Teatre do Teatre de l’Excorxador.

Accións como estas forman parte do circuíto de promoción que o Consorcio Audiovisual de Galicia leva desenvolvendo desde hai máis de cinco anos e recoñecementos como estes demostran que ao nivel da curtametraxe Galicia ten algo que dicir.