consorcio audiovisual    
de galicia
inicio
actualidade
actividades
formación
axudas
publicacións
lexislación
Galicia Film Commission
localizacións
catálogo de produccións
carteleira de cine
links
mapa do web
Semprecinema Producións

actividades


[03/11/2009] GALICIA PARTICIPA CON CINCO CURTAMETRAXES NO ALTER-NATIVE INTERNATIONAL FILM FESTIVAL DE ROMANÍA

As curtas galegas proxectaranse en versión orixinal subtituladas ao romanés e ao húngaro

As curtametraxes Mínimo Común Múltiplo, The Werepig, O Hospital, Darío e Verónica e Leo proxectaranse na 17 edición do Alter-native International Film Festival, na cidade romanesa de Tîrgu Mureş, no distrito de Mureş, sito na rexión de Transilvania en Romanía.

As curtas que participarán forman parte dos catálogos de promoción internacional de curtametraxes do Consorcio Audiovisual de Galicia, Curtas 09 e Curtas 08.

Este ano, España é o país invitado neste festival que xa conta cunha traxectoria consolidada e que desde hai seis anos, dedica parte das proxeccións a un país. Con anterioridade foron Polonia, República Checa, Francia, Holanda, Croacia e Alemaña as invitadas, pero a partir do 4 e ata o 8 de novembro serán as curtametraxes españolas as que serán proxectadas nunha sección especial.

Promoción e difusión internacional

Durante máis dunha hora o público que asista ao festival (distribuidores, compradores, directores, produtores, afeccionados, estudantes, etc.) poderá deleitarse coas producións galegas. Todas elas en lingua galega na súa versión orixinal, agás Darío e Verónica.

Como o distrito de Mureş conta cunha porcentaxe importante de poboación de orixe húngara (aprox. 39%), as curtametraxes galegas, veranse en versión orixinal subtituladas ao romanés e ao húngaro.

Esta acción forma parte do Plan de Internacionalización do audiovisual de Galicia que o Consorcio desenvolve desde o 2005 e grazas ao cal as “pequenas” producións que se fan na nosa rexión viaxan polo mundo e poden ser vistas en varios países. Este tipo de actividades son un complemento á distribución internacional que realiza o Consorcio, mediante o envío personalizado a distribuidores e compradores nacionais e internacionais, así como a festivais e mercados relevantes.