consorcio audiovisual    
de galicia
inicio
actualidade
actividades
formación
axudas
publicacións
lexislación
Galicia Film Commission
localizacións
catálogo de produccións
carteleira de cine
links
mapa do web
Semprecinema Producións

actualidade


[02/12/2009] AS PRODUTORAS FILMANOVA, PULSAR CINEMA E CORAÇAO DA SELVA PRESENTAN O FILME ONDE ESTÁ A FELICIDADE?, UNHA COPRODUCIÓN GALEGO-BRASILEIRA QUE SE RODARÁ ENTRE BRASIL E O CAMIÑO DE SANTIAGO

Esta coprodución galego-brasileira é posible grazas ao Fondo de Coprodución Galicia-Brasil, asinado en xuño de 2009 entre o Consorcio Audiovisual de Galicia e a Agência Nacional do Cinema de Brasil (Ancine)

As produtoras Filmanova, Pulsar Cinema e Coraçao da Selva presentaron hoxe o filme Onde está a felicidade?, unha coprodución galego-brasileira que se rodará no 2010 entre Sao Paulo e o Camiño de Santiago grazas ao Fondo de Coprodución Galicia-Brasil, asinado en xuño de 2009 entre o Consorcio Audiovisual de Galicia e a Agência Nacional do Cinema de Brasil (Ancine).

Actualmente este é o único acordo de coprodución audiovisual entre Brasil e España que conta con dotación económica, e vén demostrar a forte aposta do Consorcio Audiovisual de Galicia por acadar una maior presenza internacional do cinema galego. Outro dos factores que fixeron posible este proxecto foi a lusofonía e o feito de que Brasil é un dos países que máis peregrinos aporta ao Camiño a Compostela.

A selección dos proxectos faise de acordo a criterios cualitativos como a calidade, a orixinalidade e a estrutura do guión, ou o historial do equipo técnico e artístico; e, tamén, en base a criterios industriais como a traxectoria das empresas coprodutoras, a súa capacidade financeira ou a súa viabilidade comercial, tendo en conta, sempre, a relevancia das producións desde o punto de vista das relacións culturais entre Galicia e Brasil.

Sinopse

A longametraxe estará dirixida por Carlos Alberto Riccelli, director de obras como e escrita por Bruna Lombardi, responsables, ambos os dous, de obras como O Signo da cidade, Stress, Orgasms and Salvation e personalidades ben queridas e recoñecidas en Brasil. Contará cun elenco de actores galegos entre os que figuran: María Pujalte, Berta Ojea, Luis Zahera e Mela Casal; e, tamén, de Brasil, como a propia Bruna Lombardi e Bruno García.

Conta a historia dunha muller, Teo, que cre ter todo na vida: un marido que a quere, un bo traballo como presentadora de televisión nun programa de cociña e unha vida acomodada. Sen embargo, un bo día, queda sen traballo e descobre que o seu marido estalle a ser infiel a través de internet. Iníciase, así, unha crise de parella. Agora, sen marido e sen traballo, decide comezar unha nova vida. O seu produtor, Zeca, proponlle facer un programa documental entrevistando a persoas mentres recorren o Camiño de Santiago. Así que, Teo decide embarcarse no proxecto coa esperanza de poder atopar a felicidade de novo.

Onde está a felicidade? Será, para Filmanova, a segunda película das producidas, na que se aborda o mundo dos peregrinos, logo de ter estreado en 2004 Tres no Camiño, dirixida por Larry Boulting.

A rodaxe en España conta ademais cun cameo do recoñecido escritor Paulo Coelho, unha das personaxes que máis divulgación internacional lle deron ao Camiño de Santiago, grazas ao seu libro O Peregrino de Compostela no que describe a súa experiencia vital nesta viaxe.