|
|
|
 |
|
|
 |
 |
| ¿que é? |
 |
|
 |
 |
A Lei 6/1999, do 1 de setembro, do Audiovisual de Galicia, prevé no seu artigo 9 que, para a potenciación institucional das accións tendentes ao desenvolvemento do sector audiovisual de Galicia, as administracións e entidades interesadas han convir a constitución do Consorcio Audiovisual de Galicia.
Así, o 16 de outubro de 2001, a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e da Consellería de Economía e Facenda, a Compañía de Radiotelevisión de Galicia e as 4 Deputacións Provinciais galegas acordaron a constitución do mesmo, que nace coa vontade de servizo ao sector audiovisual galego para poder desenvolver os seus obxectivos co máximo rigor, así como para impulsar a integración competitiva no sector audiovisual nacional e internacional.
O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 17 de outubro de 2002, aprobou o Decreto 294/2002 (DOG nº 208, do 28 de outubro), polo que se constitúe e se regula a composición e as funcións do Consorcio Audiovisual de Galicia e, finalmente, o 21 de novembro de 2002 levouse a cabo a sesión constitutiva do citado Consorcio, entidade de dereito público de carácter interadministrativo, con patrimonio e personalidade xurídica propia e co fin primordial de contribuír ao desenvolvemento e á consolidación do sector audiovisual en Galicia.
Posteriormente, o Consello da Xunta, na súa reunión do 2 de marzo de 2006, aprobou o Decreto 38/2006 (DOG nº 49, do 10 de marzo), polo que se modifica o Decreto 294/2002. Finalmente, a Secretaría Xeral de Comunicación, o 15 de xuño de 2006, resolveu dar publicidade á modificación dos estatutos do Consorcio Audiovisual de Galicia, publicados no DOG nº 128, do 4 de xullo.
|
|
|
|